Cabecera Vide

A FGB celebra a segunda concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibasket

O Campionato Galego de Seleccións Zonais na categorías minibasket, masculina e feminina, celebra esta fin de semana a segunda das tres concentracións  que conforman esta competición.

As vilas de Narón e Ares, o sábado 16, e a de Tui, o domingo 17, presenciarán os encontros desta segunda concentración. Estes partidos, que en conxunto conforman unha liga de todos contra todos a unha soa volta, celebraranse divididos nestas tres poboacións con encontros de seis cuartos de oito minutos detendo o reloxo tan só nos tempos mortos e nos tiros libres.

Deste xeito, nos Pavillóns Municipais de Narón e Ares competirán as seleccións das Delegacións da FGB en Santiago, Lugo e Ferrol. Pola súa banda, o domingo en Tui, grazas a colaboración co Concello desta vila e do C.B. Tui, enfrontaranse os combinados vigueses xunto coas seleccións de Ourense, Arousa e A Coruña.

Competición: formato e calendario

O Campionato Galego de Seleccións Zonais de categoría Minibasket dispútase divido en tres concentracións repartidas ao longo da temporada e tras as cales teranse enfrontado entre si todas as Delegacións Zonais da Federación Galega de Baloncesto.

A primeira destas citas, que tivo lugar os pasados 13 e 14 de xuño en A Coruña e Marín, deixou estipulada unha primeira clasificación coa que chegan a esta segunda concentracións os equipos das diferentes delegacións.

pdf  Partidos en Narón e Ares (32.46 kB)

pdf  Partidos en Tui (47.94 kB)