Cabecera Vide

O sábado xógase unha nova xornada de bádminton do campionato escolar da zona de Vigo

O sábado 23 de xaneiro de 2010 xoga na pista Vermella do IMD de As Travesas de Vigo a segunda proba do Campionato Escolar de Bádminton fase Zonal de Vigo. Para esta xornada que xoga de 09:30 a 12:00 horas van tomar parte as categorías Benxamín e Infantil.

As entidades participantes de Vigo son: IES Cotobade, CB Rachaplumas, EMD de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Martín Codax e IES de Teis.

A competición está organizada polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, o Club Bádminton Rachaplumas, a Agrupación Deportiva Vigo, o IMD de As Travesas e a Concellaría de Deportes do Concello de Vigo.

Todos os deportistas van disputar 3 partidos ao longo da mañá na modalidade de individual e a un set de 30 puntos.