Cabecera Vide

A Vig-Bay e o Medio Maratón Cidade de Vigo incorpóranse ao Circuíto de Carreiras Populares

carreiras2010O Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo 2010 sumará as dúas medias maratóns da tempada, a XI Vig-Bay e o II Medio Maratón Cidade de Vigo, segundo anunciouse onte á noite durante a entrega de premios do circuíto 2009 no Verbum, acto ao que asistiu numeroso público entre atletas, clubs, organizadores de probas pedestres e federativos.

O Circuíto 2010 comezará o vindeiro 21 de marzo coa carreira 10 km. Cidade Universitaria, que discorre polo campus das Lagoas-Marcosende, e rematará o 19 de decembro coa tradicional Carreira do Pavo (Gran Premio Pedestre Internacional) na Alameda.

A decisión da Concellería de Deportes de dar entrada a estas probas vén dada pola enorme resposta dos atletas populares nelas, unha moi consolidada no calendario atlético estatal (a Vig-Bay) e outra que cubriu o oco deixado polos dous eventos atléticos que se facían en Vigo sobre esa distancia, un impulsado polo ex concelleiro Javier Álvarez Salgado e outro que tiña Coia como punto de principio e final.

O luns pasado, tanto a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo como os organizadores das carreiras do Circuíto 2009 e os organizadores das medias maratóns aceptaron a proposta de Xabier Alonso, concelleiro de Deportes.