Cabecera Vide

A Vig-Bay abriu o prazo de inscrición e xa ten preto de 300 participantes para a carreira do 11 de abril

cartelA Vig-Bay, que se acaba de incorporar ao Circuíto de Carreiras Populares, xa abriu hai uns días a inscrición para a undécima edición. A día de hoxe xa son 269 os inscritos para a proba, que se disputará o vindeiro 11 de abril con saída no Verbum de Samil e final en Baiona.

A entrada da Vig-Bay nesta liga de carreiras populares celébrase dobremente, porque este ano cúmprese unha década desde que Eduardo Vieira (Vieirasa) aceptase o patrocinio da idea. Para inscribirse, só tes que entrar na páxina web oficial da proba en internet (www.vig-bay.com) ou nas oficinas do Club de Corredores, na rúa Orillamar 27-1º, 36202 Vigo.

Lembra que na sección “Preguntas frecuentes” da web da Vig-Bay dispós de información detallada acerca dos pasos a seguir para formalizar a túa inscrición. De todos os xeitos, a organización di que os participantes que non atopen resposta a algunha dúbida en devandito apartado, envíen un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou contacten coa organización no número de teléfono 986900503.

PALMARÉS VIG-BAY

 

Ano / Edición

Gañador

Gañadora

2000 / I

Diego García

Alzira Lario

2001 / II

Alejandro Gómez

Soledad Castro

2002 / III

Elhoussine Essemeaill

Fátima Cabral

2003 / IV

Godfrey Muriuki

Irene Kwambai

2004 / V

Sammy Tum

Caroline Cheptonui

2005 / VI

Pablo Korir

Natalia Raña

2006 / VII

Abraham Chelanga

Salome Semotwo

2007 / VIII

Elijah Kitur

Anne Jepkembun Kusger

2008 / IX

Yossf El Kalai

Fátima Cabral

2009 / X

Elías Domínguez

Deirdre McDermot