Cabecera Vide

Kutscher volve á Copa do mundo do Ifevi

kutschervigo2009A vicepresidenta do comité organizador da Copa do Mundo 2010, Rosario Andrade, explicou hoxe no Pazo-Museo Quiñones de León, en Castrelos, que nesta edición participarán 40 xinetes, entre os que se atopan varios “Top Ten”.

Estarán importantes xinetes como o xermano Marco Kutscher (gañador en Vigo 2009), o xaponés Eiken Sato (gañador na proba da Copa do Mundo de Mechelen), o campión francés Kevin Staut, a australiana Edwina Alexander, o francés Michel Robert ou os españois Rafi Lathan, Cayetano Martínez de Irujo e Pilar Cordón, entre outros. De feito e a través das súas páxinas oficiais, o xinete suízo Pius Schwizer e a amazona australiana Edwina Alexander confirmaron a súa participación na proba viguesa da Copa do Mundo de saltos, que se celebrará do 12 ao 14 do vindeiro mes de febreiro en Cotogrande.

Franke Sloothaak (GER), Markus Fuchs (SUI), Eugenie Angot (FRA), Tina Lund (DEN), Thomas Frühmann (AUT) ou Steve Guedart (SUI) tamén teñen posibilidades de estar entre os inscritos, como Ludger Beerbaum (GER).

pdf  Clasificación Copa do Mundo I (212.99 kB)

pdf  Clasificación Copa do Mundo II (1.42 MB)