Cabecera Vide

VIDE e Eroski Viaxes dan aos clubs Siareiros 60.000 € en boletos para sortear unha viaxe ao Caribe

02A Fundación VIDE e Eroski Viaxes promoverán unha nova fórmula para que os clubs dos programas Siareiros (Elite e Club) poidan conseguir máis recursos económicos na tempada 2012/2013.

Na reunión de xullo coas entidades deportivas de categorías de formación, o edil de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, xa anunciou que este mesmo verán estarán dispoñibles 60.000 boletos para o sorteo dunha viaxe ao Caribe para dúas persoas, cortesía de Eroski Viaxes.

Esta iniciativa, dirixida a calquera cidadán ou cidadá, supón que pola doazón de 1 euro, o posuidor do boleto ten dereito a participar no sorteo, que xa ten data: o 14 de decembro na sede da Fundación VIDE.

 

En 2011, os clubs do programa Siareiros recadaron con esta iniciativa 29.000 euros (18.000 os de Base e 11.000 os de Elite). A anterior oportunidade, en 2008, significou a consecución de 11.000 euros. Estas cantidades repártense íntegra e directamente entre os clubs que venden as rifas. O sorteo terá lugar en decembro para que as entidades poidan colocar con tempo as participacións.

Antes do inicio da tempada oficial, os boletos estarán a disposición das entidades, que xa amosaron o seu interese pola promoción nun momento en que calquera actuación para recadar fondos é benvida. Polo interese dos clubs, previsiblemente este ano superaranse os 29.000 euros recadados.

Na imaxe, o concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, con representantes dos clubs de formación Flic Flac, Loita San Ignacio e Vigo Squash, do programa Siareiros Club, nunha recepción hai semanas polos seus éxitos deportivos.