• 1
  • 2
  • 3

Manel Fernández anuncia a apertura do prazo para as axudas a deportistas individuais pola tempada 16/17

Manel Fernández anuncia a apertura do prazo para as axudas a deportistas individuais pola tempada 16/17

27 Outubro 2017

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou hoxe a apertura da convocatoria de bolsas para deportistas individuais ou de competicións de parellas, tríos e cuartetos, que rematará o vindeiro 10 de novembro.

Ler máis...

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

04 Agosto 2017

O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante. O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros. Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...
IMG5880A Fundación Vigo en Deporte abre o prazo de inscrición para os seus campamentos polideportivos deste verán. A partires deste martes 2 de maio VIDE ofrece 400 prazas para nenos de 6 a 14 anos, repartidas do xeito seguinte: 200 no tradicional campus das Travesas (26 ao 30 de xuño) e 100 en cada un dos novos campus, ETEA (3 ao 7 de xullo) e Samil (10 ao 14 de xullo).
 

 
Cartel CeltaFin de semana completa para o atletismo en pista, tanto popular como federado.
 
Este sábado, os dous clubs célticos de atletismo organizan co patrocinio do Concello a terceira edición do Meeting Popular Celta no tartán do estadio de Balaídos (10:00 horas).
 
E o domingo, quenda para a terceira xornada do Circuíto Concello de Vigo de atletismo federado en pista (10:30 horas), coa organización do AVA.
 

 
Cross escolar2O alcalde de Vigo presentou unha nova tempada de cross para escolares anunciando a primeira proba para este domingo ás 10:30 horas no colexio Monterrey.
 
Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes de todos os centros educativos da cidade que desenvolven a iniciativa xunto coa Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas, o rexedor animou aos centros de ensino a continuar con este "magnífico labor".
 

 
VCwebA decimosétima edición da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) que organiza cada ano a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello, xa fixou data definitiva.
 

 

manel runA gala do circuíto Run Run Vigo terá lugar este luns 13 de febreiro no auditorio do Concello de Vigo (20:00 horas). Abel Caballero e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentarán o circuíto 2017.