• 1
  • 2
  • 3

O Balaídos CF vendeu o boleto gañador, o número 16.673, do sorteo de VIDE e de Viaxes Zonda para a Ruta dos maragatos e León en abril

O Balaídos CF vendeu o boleto gañador, o número 16.673, do sorteo de VIDE e de Viaxes Zonda para a Ruta dos maragatos e León en abril

12 Febreiro 2019

O sorteo dunha viaxe de dous días para dúas persoas aos pobos da comarca da Maragatería e León ("Ruta dos maragatos", a gozar a fin de semana do 6 e 7 de abril), celebrado este sábado no descanso do partido Amfiv-Bilbao, foi gañado polo posuidor do boleto 16.673, vendido polo Balaídos CF, e supuxo para uns corenta clubs do programa Siareiros un ingreso de 48.000 euros.

Ler máis...

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

A Fundación VIDE suma dende 2014 un total de 100.000 euros de investimento nas bolsas para deportistas individuais sub-23

13 Decembro 2018

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entregou esta semana vinte bolsas por un total de 20.000 euros e suma deste xeito 100.000 euros de achegas a deportistas en idade sub-23 dende 2014 (modalidade individual, en parella, trío ou cuarteto). E coma é habitual, houbo un acto de entrega simbólica dun cheque para os vinte e tres elixidos.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

sabela_lonja

A selección española que participará no Europeo sub 21 de Taekwondo, que terá lugar en Vigo entre os días 6 e 8 de novembro, xa está decidida, tralas probas de selección realizadas en Madrid.

 

chanoeropeoislandiaO vigués Sebastián Rodríguez, “Chano”, rematou con seis metais os Campionatos de Europa de natación para discapacitados. Cinco medallas de ouro e unha de prata foron o seu botín na piscina de 50 metros e 10 rúas situada no Complexo de Natación Laugardalur de Reykjavik, a capital islandesa. O anterior Campionato de Europa celebrouse no ano 2001 en Estocolmo (Suecia).

 

jorge-casales-otra-victoriaOs pasados días 17 e 18 de outubro en La Pola de Gordón disputouse a terceira e derradeira proba do RFME Trofeo Nacional de Trial Tr3, Xuvenil, Cadete e Mulleres. Na Copa de España de trial cadete, ao vigués Jorge Casales (Motoelite), cunha Gas Gas, bastáballe con rematar segundo para alzarse co trofeo, e así o fixo o novo piloto. Oriol Noguera (Gas Gas), que terminara en segunda posición nas dúas anteriores probas, facíase coa vitoria, pero o título viaxaba ás mans de Casales.

 

125x92voviA Fundación Vigo en Deporte continúa o seu apoio non só aos eventos propios de base (Vigo Cup e campus polideportivo) senón tamén aos grandes eventos da cidade.

 

visitacaixanovaO Foro FISU 2010 (21-26 de xuño de 2010) que organiza a Fundación Vigo en Deporte co apoio de Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes, Consejo Superior de Deportes e Universidade de Vigo, pivotará sobre o Centro Social Caixanova, teatro e salón de actos do campus da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende e Centro Cultural Caixanova. Comité organizador local e CESU (Comité para o Estudo do Deporte Universitario) así o decidiron tras ver venres e sábado pasados todas as instalacións.