Colaboradores
- 1
- 2
A Vigo Cup 2022 prevé 4.600 participantes de 270 equipos de fútbol co regreso do público aos partidos
01 Maio 2022
O alcalde deu a coñecer este venres os detalles dunha nova edición do torneo que organiza o Concello entre o 27 de xuño e o 10 de xullo e que reúne as modalidades de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11. A inscrición é gratuíta e o público poderá presenciar os encontros desde as gradas.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda entregaron esta semana o bono ao gañador do sorteo dunha viaxe para dúas persoas
07 Abril 2022
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.
Ler máis...- Detalles
Sorteouse este sábado a viaxe para dúas persoas patrocinada por Viaxes Zonda. Como é habitual, a Fundación VIDE, promotora desta acción, levou o sorteo ao partido do equipo de máis alta categoría de entre os máis de corenta clubs adscritos ao programa Siareiros.
- Detalles
A Vigo Cup 2022 celebrarase do 27 de xuño ao 10 de xullo en campos e polideportivos da cidade, e por vez primeira co fútbol 11 e fútbol 7 abrindo o torneo internacional de categorías de formación.
Será esta una das novidades do ano. Desde que o fútbol sala incorporouse á oferta do torneo no verán de 2017, a orde era o inverso ao proposto agora. Así, salvo en 2020, edición cancelada pola pandemia, nos catro anos anteriores o fútbol sala encargábase de abrir a competición. Agora pecharaa.
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu luz verde á entrada de novos membros no Patronato da Fundación Vigo en Deporte (VIDE). A concelleira Elena Espinosa e o director xeral do Grupo Recalvi, Chema Rodríguez, incorporáronse esta semana para actualizar a súa estrutura, na que Manel Fernández, concelleiro de Deportes, supervisa a execución dos programas anuais en calidade de vicepresidente e por delegación do rexedor.
- Detalles
O pulo público-privado vigués que suman o Concello e un grupo de empresas que apoian ao deporte local dende a Fundación Vigo en Deporte (VIDE), acadou que vinte e oito deportistas, nacidos entre os anos 2002 e 2010, poidan recibir unha bolsa polos resultados da tempada 2020/21.
- Detalles
O mundo do fútbol vigués en particular e do deporte en xeral despediu este martes a Carlos Rabadán no tanatorio de Pereiró, dende onde os seus restos mortais foron levados ao cemiterio de San Miguel de Bouzas.