Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023

Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

Fotosizer 1A tradición manda e no partido do Iberconsa Amfiv, único club do programa Siareiros en máxima categoría da súa modalidade, a Fundación VIDE sorteou este sábado a viaxe para dúas persoas patrocinada por Viaxes Zonda. E por certo xa sen máscaras como si ocorreu no anterior sorteo, cando nos primeiros meses de 2022 a pandemia aínda marcaba os eventos deportivos e a vida en xeral.

 

2022 0312 18515200 01Os clubs do Programa Siareiros xa están a repartir as tradicionais rifas do sorteo dunha viaxe en 2023, cortesía de Viaxes Zonda, un dos patrocinadores da Fundación Vigo en Deporte.

 A Fundación VIDE e Viaxes Zonda repiten a exitosa oferta da tempada pasada para que os clubs poidan recadar un total de 45.000 euros pola viaxe, que de novo decidirá a axencia entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía e País Vasco.

 

Vigo Tenis MesaGran xornada de tenis de mesa este domingo no novo pavillón de Quirós, patrocinada pola Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e organizada polo Illas Cíes Tenis de Mesa, coa participación do colexio Maristas El Pilar e do IES República Oriental do Uruguai, ademais do Club Tenis Mesa Vigo.

 

Manel 33O programa VIDE en Futuro, destinado por Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente executivo da Fundación Vigo en Deporte, ás axudas para deportistas individuais sub-23, coñecerá en decembro os e as solicitantes beneficiados. Hai uns días que rematou o prazo de presentación de solicitudes e VIDE está a ordear, cotexar e valorar todas as propostas de subvención pola tempada 21/22. Hai anos que decembro ven sendo o mes de referencia para esta iniciativa de VIDE.

 

Fotico 24O Concello de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi), co apoio da Fundación Vigo en Deporte e a colaboración da Real Federación Galega de Fútbol están na conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal, nas modalidades de fútbol 8 e fútbol 11.