comesanaO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu o pasado martes a nove atletas do Comesaña Sporting Club, todas medallistas en campionatos de España e de Europa nas diferentes categorías, desde xuvenil a veterana.

Os nove atletas premiados, que suman un total de 24 medallas dos tres cores diferentes son: Carmela Cardama Báez, Ángela González Fernández, Antía Chamosa Dacasa, Carmen Fuentes Castro, María Jesús Sanguos Espiña, Flora Josefa Guzmán Davila, Ana María Santos Solla, Elizabeth Oya Steinbruggen e Emilio Novás Barral.