Volve a Liga galega a desenvolverse nas terras de Nigrán (Campo Municipal do Poutón-Vilariño) na 6ª Xornada da Liga galega de Horseball. Catro partidos interesantes, sobre todo o que van disputar a Muralla 2 contra o Cicasa Santa Comba, valedoiro para os primeiros por situarse na disputa dese título de Liga e para os do Xallas para manterse na primeira posición da Liga.
Así mesmo tanto os de Lalín, Cabaleiros do Deza como os deNigrán bateranse contra os dous equipos de Coristanco, esperando conseguir ese terceiro posto na clasificación a Muralla de Vigo medirase ante o Vigo-Pinzas, xogándose tamén o poder conseguir o primeiro posto da clasificación, dependendo dos resultados dos anteriores encontros.
Polo tanto os tres primeiros clasificados que terían opción de disputar o Campionato de España de Clubs, presumiblemente non se definirán ata a celebración da última Xornada da Liga, que se celebrará en 19 de xuño en Pinzas (Tomiño) .
Horarios dos partidos:
SABADO 22 de MAIO
16,30: REUNION DE XEFES DE EQUIPO.
17,00: VIGO-PINZAS HORSEBALL - A MURALLA DE VIGO.
Arbitro dacabalo: Fernando Regalade, Árbitro de cadeira: Bruno Almeida.
17,45: CORISTANCO HORSEBALL -CABALEIROS DO DEZA.
Árbitro dacabalo: Fernando Alonso, Árbitro de Cadeira: Olalla Míguez.
18,30: A MURALLA 2 - CICASA SANTA COMBA.
Árbitro dacabalo: Ricardo Martinez , Árbitro de Cadeira: Fernando Alonso.
19,15: RIVER PLATE DE NIGRAN - BREOGAN CORISTANCO.
Árbitro dacabalo: Cristian Goce - Árbitro de Cadeira: Pablo Abal.