Os vigueses basearon o seu triunfo nunha gran defensa. Só a pobre porcentaxe nos tiros libres impediu que a diferenza fose máis ampla.
Vigo xa sabe o que é gañar nesta tempada e fíxoo ante un rival dos chamados a ocupar a parte alta da táboa como é Naron, cun equipo confeccionado para lograr o ascenso, con Marcos Sanesteban e Rafa Rodriguez, ambos os dous procedentes de Liga EBA, como reforzos máis importantes dentro dese proxecto e que marcarán diferenzas dentro da categoría.
Foron os vigueses os que tomaron a iniciativa dende o principio. Esta vez a consigna estaba clara: defensa e máis defensa. Esta proposta cara a adquirir as primeiras vantaxes no marcador para o conxunto local, que dominaba o seu rebote e ataba as mans os ataques visitantes, saíndo en rápidas transicións cara ao aro rival. Os primeiros dez minutos remataban cun 14 a 11 a favor do conxunto do Berbés.
O segundo período continuou coa mesma liña. Os pivots locais facían un gran traballo baixo os aros e non permitían canastras doadas dos de Narón. Solo Sanesteban mantiña o tipo por parte visitante. As diferenzas foron en aumento grazas a un triplo de Jose Alvarez e a varias accións de contraataque culminadas por David Alvarez e Silva. A última canastra de Diego Gómez sobre o bocinazo que anunciaba o camiño dos vestiarios poñía no marcador o 33 a 24 con que se chegaba ao descanso.
Na reanudación tanto Pedro como Félix López dominaban os seus rivais na pintura e coas rotacións interiores locais Nico Paz - José Álvarez e Sepúlveda mantíñase o mesmo nivel defensivo. A preocupación no banco, estaba no grande número de tiros libres que se estaban a fallar impedindo que as rendas fosen mais favorables para os intereses olívicos. Ao termo deste cuarto a diferenza crecía un pouco máis 45 a 33.
Narón intentou buscar osixeno envorcando todo o seu xogo ofensivo sobre Marcos Sanesteban e unha tímida presión en todo o campo. Isto provoco un pequeno atoamento nos vigueses durante os primeiros lances do ultimo período e Narón acurtaba as distancias aínda que nunca ameazaba con poñerse por diante. Silva e Paz rompían o atoamento en senllas accións de penetración e devolvían a tranquilidade aos vigueses. O último intento por parte visitante foi contrarestado finalmente nun par de accións de contraataque vigués que selaban a primeira vitoria por 59 a 51.
Importante triunfo dos de Marcos e Germán de cara a próxima xornada na que renderán visita a Tui no que será o primeiro "derby" da tempada.
Resultados fin de semana 25 de setembro
2º Xornada en Primeira Nacional. CB VIGO AM 59 - Baloncesto Narón 51
Ficha do partido:
CB VIGO AM (59): Diego Gómez (2), David Alvarez (7), Nicolás Paz (5), David Rodríguez (11), Felix López (4) - cinco inicial - Nacho Silva (8), Marco Pereira (4), Pedro Prezado (8), Oscar Diaz (3), Jose Alvarez (7), Alex Perez e Pablo F. Sepúlveda
27 faltas sinaladas. Sen Eliminados
7/22 en tiros libres 31.8%
2 Canastras Triplas: David Rodriguez e Jose Alvarez
BALONCESTO NARÓN (51): Dobarrio (4), Rafa Rodriguez (9), Dani Romero (5), Lopez E (-), Marcos Sanesteban (28) - cinco inicial - Calic (1), Juve (2), Veiga (2), Castilla, Lopez D, Rei e Formoso.
22 faltas sinaladas. 1 Técnica ao banco. Sen eliminados.
20/30 en tiris libres 66.6%
1 Canastra tripla: Rafa Rodriguez.
Parciais: 1 cuarto: 14 - 11
2 cuarto: 19 - 13
3 cuarto: 12 - 9
4 cuarto: 14 - 18