Cabecera Vide

A bolseira VIDE Beatriz Lence, subcampioa de España sub-19, a mellor galega no Nacional láser

beatrizlenzesetembro2010O Campionato de España da clase láser radial pregou onte as velas cunha xornada na que foi imposible celebrar unha soa manga debido a que os ventos rolones o impediron.

Intentouno ata en tres ocasións o comité de regata. Deu tres saídas, pero noutras tantas veces, o aire cambiou de dirección e tivo que anularse a posta en acción da flota, que xa estaba dividida en dous grupos: Ouro (os 42 primeiros) e Prata (os outros 42).

Así a situación (5 mangas), a gañadora absoluta do campionato que se celebrou dende o mércores ata onte en augas da enseada de Rianxo foi Alicia Cebrián (Tenerife), por diante de Fátima Reyes (Murcia) e Javier Blanco Gómez (Porto Sherry).

Ignasi López Carcaré (Salou), segundo da xeral absoluta, impúxose na categoría sub-19 masculina, por diante de Guillermo Flores Martín (Río Pedras) e Jacinto Borroso González (Río Pedras).

Dentro da categoría sub-19 feminina, Patricia Coro Leveque (Sevilla) proclamouse campioa. Segunda rematou Beatriz Lence Massa (C.M. Canido), a 27 da xeral e a mellor regatista da flota galega. O seu compañeiro de club Álvaro Franco López rematou quinto da sub-19 masculina e décimo de le xeral e foi o mellor dos homes.

No grupo Ouro tamén competiron estes outros regatistas da comunidade: Miguel Lence Massa (Canido), Alejandro Rodríguez (A Coruña), Pablo Martínez Abad (A Coruña), Miguel Lorenzo García-Lastra (Sanxenxo) e Antonio Vázquez (Vigo). No grupo prata participaron Alvaro Lence Massa (Canido), Sergio Rodríguez Fazanes (Aguete), Guido Cerqueira da Rese (Canido), Yago Branco Cerqueira (Canido), Alberto Basadre López (Canido), Paula Piñeiro Cortizo (Vigo), Daniel Delgado Varela (Oza), Marta Carneiro Fernández-Feijoo (Canido) e Marta Prados (Oza).