Cabecera Vide

Contundente vitoria do “Universidade de Vigo” de xadrez fronte a un dos pechacancelas

xadrezxaneiro2011Os xogadores da Universidade viaxaron ata Ourense para disputar o encontro fronte ao Liceo Ourense, un dos equipos inmersos na loita por eludir o descenso de categoría e unha ocasión para acadar unha ampla vitoria.

Cumpriron os de Vigo cun claro 1 a 5 que lles permite achegarse ao primeiro posto da xeral, e o que é máis importante, coller xa un punto e medio de vantaxe sobre o Marcote, principal rival para a clasificación final da liga.
 
RESULTADOS 5ª ROLDA LIGA GALEGA DE XADREZ

● División de Honra:

Rolda 5     “Liceo Ourense A”   1    “Universidade de Vigo”        5 
   Tab.1  David Baltar Iglesias     0.5 Miguel Senlle Caride        0.5
   Tab.2  Marcos Lorenzo Durán  0    Rafael Rodríguez López     1
   Tab.3  Armando de Sousa    0  Avelino Leirós Vila        1
   Tab.4  Rafael Outomuro Nieves   0       Luís Alberto Estévez      1
   Tab.5  Juaquín Bello Filgueira  0.5  Pablo García Castro      0.5
   Tab.6  Adrián González Maestro  0  Pablo González Roca          1

 - O resultado 1 a 5 foi provocado polas catro vitorias de Rafael Rodríguez, Avelino Leirós, Tito Estévez e Pablo González e mailos empates de Senlle e do capitán. .
Rafael Rodríguez recuperouse dun arrinque moi malo de liga. Mentres, o capitán  Pablo García sorprendeu ao ceder un empate. Coas pezas negras acadou un peón de vantaxe pero non foi suficiente na final.
 
- Os protagonistas da canteira desta semana foron Miguel Senlle, que defendeu o primeiro taboleiro acadando un empate coas pezas negras ante David Baltar, un dos mellores xogadores galegos na década dos oitenta, e Pablo González Roca que se estreou co primeiro equipo vencendo con autoridade no sexto taboleiro.
  
- A sorpresa da xornada chegaba coa derrota pola mínima do Marcote fronte ao Alexandre Bóveda, un resultado que lles da aos universitarios unha vantaxe de punto e medio sobre o Marcote e de dous puntos sobre o Alexandre Bóveda.
O líder provisional é o “Círculo Ferrolán de Xadrez”, iso si, sen medirse aínda a ningún dos tres equipos máis fortes da división.

Pola parte baixa pónselle case imposible a salvación ao “Breogán” e comeza a ter unha moi difícil situación o “Liceo Ourense”.

- PRÓXIMA XORNADA:

Volta o xadrez ao campus universitario. O vindeiro sábado 12 de febreiro, os locais recibirán ao “Xadrez Ourense A”, equipo da parte media da táboa clasificatoria e unha moi boa oportunidade para colocarse ao fronte da clasificación xeral.

 Toda a información dos equipos de xadrez da Universidade de Vigo na súa páxina web, www.webs.uvigo/xadrez.

 O encontro poderá presenciarse, en persoa, a partir das 17 horas na Sala de Xadrez do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo.

● Primeira División. Equipo Escolar

Primeira derrota para o filial da Universidade de Vigo. Un encontro moi igualado no que a experiencia dos visitantes fixo, finalmente, decantar a balanza ao seu favor.

Co 1.5 a 2.5 final o equipo da Universidade perde terreo co líder, o “CXF Porto de Vilagarcía”,  que encabeza a xeral con 16 puntos e catro de vantaxe sobre o grupo no que agora está o equipo universitario.

Rolda 5        “Univ. Vigo-Xadrez Galego”    1.5     “Fischer Moaña “  2.5     
   Tab.1  Ricardo Baldwin    0 Jose Luís Boubeta Collazo     1
   Tab.2  Jorge Iglesias  García       0 Jose Luís García Bachiller    1
   Tab.3  Roi Cabanas Rodríguez   0.5 Gonzalo Fernández Álvarez   0.5
   Tab.4   David Pérez Domínguez   1 Manuel Fondevila Maron     0

Xogaron pola Universidade de Vigo, Ricardo Baldwin, Jorge Iglesias, Roi Cabanas  máis David Pérez. 

O próximo encontro, o sábado 12 de febreiro, mediranse co “Xadrez Bueu A”, un dos equipos máis fortes da categoría, que pouco a pouco, vaise achegando aos primeiros postos da xeral.