Finalizan as competicións Xogade provinciais coa clasificación por Pontevedra dos equipos de Trasnos nas 3 categorías nas que se xoga esta competición: alevín, infantil e cadete. Por parte dos alevín e infantís, repiten final e van a polo 2º título de la tempada. Ambos os dous equipos están a bo nivel, traballaron e adestraron moito e teñen a intención de xogar un bo campionato.
Ademais son os anfitrions do torneo, no que participan os equipos alevín e infantil de Lume (Lugo) e o gañador da rolda provincial en Coruña (Druídas ou Cambre) tamén en ambas as dúas categorías.
Os Trasnos terán que gañar aos outros dous finalistas para volver ser campións e seguir a sorte iniciada en Cambre o pasado febreiro no campionato de sófbol sala onde se proclamaron Campións de Galicia.
Por parte dos cadetes, non podían ter mellor debut, 4 vitorias consecutivas, sen moitas dificultades ante o outro participante en Pontevedra, o novo equipo de béisbol Deza de Lalín.
En Coruña o CBS Cambre e en Lugo el Lume obtiveron o pase directo ao campionato cadete ao non se presentar outros equipos no sector das súas respectivas provincias.
Os Trasnos teñen o seu primeiro compromiso importante en Lugo o próximo 14 de abril onde se medirán estes dous equipos que ademais son os seus rivais en Liga Galega tipo A e Copa Xunta Galicia esta tempada.
14 xogadores infantís e cadetes convocados á pre Selección Galega de Béisbol
O sábado 23 de marzo tivo lugar en Vigo, no Campo de Béisbol Los Padres - Marcote, a 1ª Concentración Galega en categoría infantil e cadete que se celebra esta tempada. Esta primeira toma de contacto será cos jugadres que ocupan as posicións de pitcher e cacher habitualmente nos seus clubs de procedencia e é a 1ª dunha serie de convocatorias que irán desenvolvendo ao longo da tempada.
Por parte de os Infantís, 8 xogadores de Trasnos: Victor Corrales, Jorge Teixeira, David Romay, Xabi Suárez, Álvaro Troncoso, David G. Sio, Carla Fernández, a única rapaza convocada e os alevín Dani González e David Rodríguez.
Do grupo de cadetes asistiron 5 xogadores: Dani Villacieros, Miguel Groba, Aarón Costas, Antonio Troncoso e o recén incorporado ás filas do cadete Anxo Heras.
Tamén o corpo técnico da Selección Galega ten integrantes de Trasnos, Fernando Rodríguez e Harry Salas, xunto a Enrique Expósito do CBS Cambre forman o grupo de adestradores.