Cabecera Vide

Mesa redonda no colexio Miralba para falar sobre a saúde e o deporte

xabieralonsoO Club Deportivo Miralba, asociación nacida en 2009 no seo do colexio Miralba (Xesuitinas), organiza para o próximo 24 de febreiro (19:30 horas) unha mesa redonda no salón de actos do centro baixo o título "O deporte no século XXI: saúde e valores, espectáculo e paixón”.

Para organizar este evento, Javier Salgado, presidente do club, contou co apoio da Federación Galega de Fútbol sala e a Fundación VIDE. O director do colexio, Ignacio Parajó, presentará a mesa redonda, na que contará co concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso; Jorge Santos, director de Infancia, Mocidade e Deporte de Caixanova; Javier López Cossío, delegado provincial da Federación Galega de Fútbol Sala; o doutor Elías Festa, licenciado en Mediciña e Cirurxía pola Universidade de Santiago e responsable dos Servizos Médicos do Campionato do Mundo de hóckey a patíns; e Pilar Valero, xogadora internacional do Celta Indepo de baloncesto e medalla de ouro con España no Eurobasket de 1993.

A Fundación VIDE, a través da súa xerente, Laura Magdalena, pretende apoiar estas iniciativas consistentes en ampliar a educación deportiva d@s nov@s estudantes. O C.D. Miralba, pola súa banda, busca que este acto sirva non só ao alumnado senón tamén aos asistentes que desexen acudir (as charlas están abertas ata completar aforamento) para reivindicar a calidade do deporte como canle dunha vida saudable.

Data: 24 de febreiro do 2010.

Hora: 19:30.

Lugar: Salón de actos do colexio Miralba (Xesuitinas).  Avda. Gran Vía, 164.

Mesa redonda: “O deporte no século XXI: saúde e valores, espectáculo e paixón”.

Entrada: Libre ata completar a capacidade do recinto.