A Federación Galega de Taekwondo celebrou o sábado en Vigo a gala de entrega dos premios 2009, na que se recordaron os importantes éxitos do taekwondo galego no ano recén rematado, con Raúl Bouzas e Fani Hernández como grandes protagonistas.
Houbo premios para todos e todas a pesar da tormenta perfecta, que non impediu que case duascentas persoas acudiran ao auditorio do Centro Social Caixanova para aplaudir as seleccións galegas que se proclamaron campioas de España nas diferentes categorías e modalidades, ás e aos deportistas que luciron a nivel internacional, aos clubs que traballan diariamente polo taekwondo, aos técnicos e xuíces, medios de comunicación, institucións, entidades privadas... Todas e todos eles tiveron o seu protagonismo polo que aportaron ao taekwondo galego nun ano espectacular en canto a resultados deportivos e tamén moi importante a nivel organizativo xa que en Galiza se celebraron tres campionatos de España e un de Europa.
No transcurso da gala houbo momentos de risas, grazas á actuación do humorista Pepo Suevos, e tamén emotivos, como cando Alejandro Vidal, o primeiro taekwondista galego paralímpico e actual subcampión do mundo recolleu unha mención especial, ou cando ao final da gala a presidenta Mercé Barrientos foi homenaxeada pola familia do taekwondo galego e todos os presentes no auditorio puxéronse en pe para ovacionar á directiva.
Categoría |
Premiado |
Mellor club da provincia de Pontevedra |
TAO DE VIGO |
Mellor club da provincia de Lugo |
NEKA DE MONFORTE |
Mellor club da provincia de Ourense |
COUTO DE OURENSE |
Mellor club da provincia da Coruña |
NATURAL DE SADA |
Mellor club de base |
GARRAPUCHO DA CORUÑA |
Club máis colaborador |
MACE SPORT DE PONTEVEDRA |
Mellor club de Galicia |
NATURAL SPORT DE RIBEIRA |
Mellor deportista masculino de técnica |
DAVID MEILÁN |
Mellor deportista femenina de técnica |
NEREA ALAMANCOS |
Mellor deportista masculino de combate |
RAÚL BOUZAS |
Mellor deportista feminina de combate |
ESTEFANÍA HERNÁNDEZ |
Mellor deportista masculino promesa |
ÓSCAR PEÓN |
Mellor deportista feminina promesa |
SÁNDRA BOUZAS |
Mellor técnico deportivo |
JOSÉ LOREN |
Mellor xuíz puntuador de técnica |
ESPERANZA MEILÁN |
Mellor árbitro de combate |
FRANCISCO AGRELO |
Premio ao xogo limpo |
FRANCISCO PENÍN |
JOSÉ RAMÓN LOUZAO |
|
Medio de comunicación audiovisual |
TVG |
Medio de comunicación escrito |
|
Entidade privada |
PESCANOVA |
CAIXANOVA |
|
Entidade pública |
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO |
Concello |
CONCELLO DE VIGO |
Deputación |
DEPUTACIÓN DE OURENSE |