
O vigués debutou con vitoria nos dezaseisavos de final, o xoves, nun torneo que se celebrou nas cidades xermanas de Germering e Munich. O suízo Joel Siewerdt foi a súa primeira vítima, aínda que o galego empezou perdendo (11-6) o primeiro set. Con todo, o que nuns días será flamante internacional absoluto con España non se engurrou e rematou vencendo por 3-1 ao bater ao helvético nas tres mangas seguintes por 11-5, 11-7 e 11-8.
O venres (13:00 horas), o xogador do Vigo Squash tivo un compromiso case imposible: mediuse no SquashPit de Germering ao alemán Rudi Rohrmüller, número 1 do ranking sub 19, que gañou na rolda anterior a Adrien Escolan (FRA) por 3-0 (11-3, 11-0, 11-2). Hugo foi a polo partido e cedeu por 11-5, 12-10 e 11-5 diante do que despois sería subcampión do Open.
Na loita polos postos 9 ao 16, Hugo foi unha máquina: gañou 3-2 ao austriaco Marcus Greslehner remontando un 0-2 (11-13, 3-11, 11-9, 11-6 e 11-8), venceu ao holandés Tim van der Pluijm por 3-1 (11-8, 11-8, 11-13 e 11-7) e rematou a quenda de vitorias diante do francés Arthur Moineau (11-7, 11-9 e 14-12).