Cabecera Vide

Hugo Varela, con 17 anos, xogou o seu primeiro partido con España nun Europeo absoluto de squash

hugovarela16.4.10Hugo Varela (Vigo Squash), coa selección nacional española masculina, e Xisela Aranda (Vigo Squash) na feminina, desprazáronse a Aix -en-Provence (Francia) para disputar o Campionato de Europa de seleccións nacionais 2010, que se veu celebrandro dende o mércores 28 de abril.

Para Hugo Varela, a súa presenza como sexto xogador foi algo incrible. De feito, debutou por vez primeira coa selección absoluta de squash. A selección masculina estivo no grupo C xunto con Croacia, Turquía e Israel e non puido empezar de mellor forma, gañando todos os seus partidos por un rotundo 4-0. O vigués estreouse nesta competición cunha vitoria contra o turco Huseyin Gumus por 11/0, 11/1 e 11/3.

A selección feminina, no grupo D, con Finlandia e Luxemburgo, fixo o propio e venceu tamén a Finlandia por 2/1 e a Luxemburgo por 3/0. A viguesa Xisela Aranda, capitá de España por vez primeira, xogou e gañou os seus dous partidos fronte a Sandra Denis (LUX), por unha tripla 11-4, e Saara Valtola (11-7, 11-5 e 11-5). España metíase na loita polo quinto posto, e gañaba a Suíza (2-1). Xisela perdía diante de Gaby Schmol (6-11, 6-11 e 6-11). Logo, Alemaña era moi forte (3-0) e Xisela non era quen de derrotar a Sina Wall (6-11, 5-11 e 9-11) e Escocia levábase a sétima praza (1-2). Aranda, número un española, cedía por 2-3 contra Gillen-Buchert (8-11, 11-9, 11-3, 11-13 e 9-11) nun emocionante partido.

A absoluta masculina española de squash rematou en 9ª posición, ao perder contra Escocia (empataron 2 a 2 pero gañaron os británicos 8 a 6 na suma dos sets). España venceu logo a Suecia e Finlandia (empatou ambos os dous partidos e venceu nos xogos por 8-7 e 9-7 respectivamente).