A febre do pádel en Vigo ten a súa principal referencia na Academia de Pádel Máis que Auga, que acaba de por en marcha a competición da súa liga interna coa inscrición récord de 400 xogadores e xogadoras, case o dobre que a anterior edición, na que participaron 210 raquetas.
As 16 pistas da empresa viguesa Máis que Auga nos seus centros de Barreiro (8) e Navia (8) son calificadas por moitos xogadores como as mellores instalacións da cidade. A competición dos 400 participantes da liga deste ano se desenvolverá durante tres meses. Na última quincena de xuño coñeceranse aos gañadores finais.
O bo momento desta especialidade deportiva nos centros Máis que Auga reafirmase tamén nos 700 alumnos que asisten as clases de pádel, novo récord desta academia que non para de medrar. Como referencia, o principal clube de España de pádel, Ciudad de la Raqueta en Madrid, con 28 pistas, ten 950 alumnos.
Os dez monitores da Academia de Pádel Máis que Auga xestionan unha actividade na que unhas mil persoas participan a diario nalgunha das actividades que oferta: grupo de whatsapp, circuíto para menores, ligas e torneos e a academia da aprendizaxe e perfeccionamento. Ademáis da cantidade, a calidade e a referencia desta desta academia, cun método de ensinanza propio, no que calquera alumno ten un traballo definido tanto a nivel de obxectivos, contidos, método como de avaliación.
En Máis que Auga practicase pádel desde a 7:00 horas ás 23:00 horas, de luns a venres; de 9:00 horas a 20:30 horas os sábados; e de 9:00 horas a 14:30 horas os domingos. Nas súas instalacións, as máis modernas de Vigo, celébranse os principais torneos locais e provinciais.
3.500 clientes diarios, 120 profesionais
Máis que Auga é unha empresa de capital 100% de Vigo que ten materializado un investimento de 28 millóns de euros en tres centros deportivos na cidade, con 28.000 metros cadrados de instalacións cubertas. O proxecto baséase en dar servizo deportivo completo (piscina, fitness, pádel, ...) para tódalas idades, coa familia como centro da oferta, e con atención personalizada de profesionais. A empresa duplicou este ano o seu persoal, que conta con 120 profesionais e técnicos deportivos nos tres centros.
Máis que Auga é utilizado para a práctica deportiva por 3.500 persoas cada día, conta con 18.000 socios estables e 70.000 clientes non abonados. A empresa estima que nas súas tres instalacións en Vigo ten capacidade para aumentar o número actual de usuarios e incrementar a práctica deportiva en Vigo.