
O responsable político do deporte local, amosouse moi esperanzado coa entrada da firma galega nesta competición de base. "Vainos a permitir seguir mellorando e crecendo", sostén Manel Fernández, ademais presidente da Fundación VIDE, á que o Concello encarga cada verán a organización do trofeo internacional.
De feito, este ano o torneo incorpora o fútbol sala á súa anterior oferta de fútbol 7 e fútbol. Así, do 26 de xuño ao 2 de xullo xogarase a primeira edición da Vigo Cup de fútbol sala e do 3 ao 9, a XVII Vigo Cup de fútbol 7 e fútbol.
A chegada de Gadis reforza o panel de patrocinadores privados de VIDE, que conta con PSA Groupe, New Balance, Coca-Cola e Frutas Nieves.
Gadisa, a través das súas diferentes marcas, é un dos máis importantes mecenas do deporte galego como demostra coa súa presenza constante en eventos na comunidade autónoma ademais de ser patrocinador oficial do Plan ADOP do Comité Paralímpico Español.
Na imaxe que apoia esta información, Pablo Louro (Gadisa), á esquerda do alcalde da cidade, durante a presentación da San Silvestre en decembro pasado.