Colaboradores
- Detalles
O Club Natación Vigo Rías Baixas presentouse este sábado na piscina municipal de Teis nun acto multitudinario ao que acudiu o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández (presidente de VIDE), e o deputado provincial e edil Ángel Rivas. O club tamén contou co apoio de Chano Rodríguez, nadador paralímpico.
A entidade que preside Antonio Vázquez estrea categoría este exercicio, ao acadar o ascenso a Primeira División a pasada primavera. En dous anos, o Vigo Rías Baixas saltou de Terceira á Primeira na competición galega por clubs en piscina. Agora "a permanencia é a meta", sostén o directivo.
- Detalles
- Detalles
O sorteo dunha viaxe de tres días a Cantabria (ruta "Cuevas de Cantabria"), celebrado esta fin de semana no descanso do partido Amfiv-Bilbao no pavillón municipal Pablo Beiro, supuxo para un total de 36 clubs adscritos ao programa Siareiros de VIDE a obtención de 50.000 euros.
A colaboración entre a Fundación Vigo en Deporte, presidida polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Viaxes Zonda, axencia dirixida por Alice Martínez, deu un xigantesco salto e prácticamente logrou para as entidades deportivas que VIDE apoia o dobre de recadación que nos dous anos anteriores.
- Detalles
Despois de renovar ao corpo técnico, Suso Penedo e Yolanda Sienes, chega a quenda para os xogadores que é a parte non menos importante para o sostemento do Club Vigo na Superliga 2. O obxectivo da tempada pasada era manter a categoría e, dentro do posible, estar na metade da táboa e finalizar a tempada coa suficiente tranquilidade para non pasar apuros.
- Detalles
A planificación da tempada 16/17 para Celta Zorka dá os seus primeiros pasos. Ylenia Manzanares (Logroño, 1983) continuará vestindo de celeste tras o acordo alcanzado entre club e xogadora. Deste xeito, prolóngase unha relación que comezou en xaneiro deste ano cando a rioxana se incorporou ao equipo no inicio da segunda volta, alcanzando 11.1 puntos e 12.2 rebotes.