pantallazo-web

A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) estreou nova páxina web. O novo portal de internet, na mesma dirección que a anterior, pretende dar unha resposta máis moderna á demanda dos usuarios de internet do deporte local, cifra en constante crecemento dende que este sistema de comunicación se instalou na vida dos cidadáns e cidadás.

Cun deseño máis moderno e unhas posibilidades de acceso máis áxiles pola evolución propia dos sistemas informáticos, a dirección www.vide.es quere chegar do modo máis dinámico posible ao ciberespacio, como unha ferramenta máis para os clubs de elite e de base de Vigo, a ciudad que máis actividade deportiva xera e xestiona de toda a comunidade autónoma.

A nova web de VIDE xa é unha realidade que, ademais, confirma a propia aposta das entidades deportivas polo traballo común e unidireccional nunha idea, VIDE, pioneira no resto do Estado.

A web, que ofrece catro apartados xerais (Fundación, Competicións, Clubs e Siareiros) dá espazo abondo a todos os clubs para recoller as súas inquietudes, noticias e actividades, pero tamén coida todas as iniciativas da propia fundación, cada vez máis, e ao patrocinadores e mecenas.