50x112fisu-forum-logo-with-A participación da Fundación Vigo en Deporte na organización do Foro FISU e dos Mundiais Universitarios de taekwondo, no 2010, consolidan a posición de VIDE na estrutura do deporte local pero tamén confirman á fundación ante os organigramas deportivos mundiais.

VIDE xa xestionou economicamente co Concello a candidatura á Universiada de 2013 e o Campionato do Mundo de hockey sobre patíns, pero agora a situación é aínda de maior responsabilidade porque a Fundación VIDE asumiu un novo rol ao organizar, en coordinación con Concello e Universidade de Vigo, eventos de transcendencia planetaria.

VIDE, fundada en 2002, ten como patróns a Concello, PSA Peugeot Citroën, Caixanova e Pescanova, ademais dun importante grupo de empresas patrocinadoras e colaboradoras.