taekwondovigo4España rebañou dous oros máis en categoría feminina grazas á catalá Zaira Rivera ( -51 quilos, peso mosca) e á madrileña Sandra Lorenzo ( -72 quilos, medio), aínda que novamente quedou con certo sabor agridoce. Ademais, a galega Lara Ouviña ( -59, pluma) despediuse en cuartos ante a campioa, a italiana Zocco.

En peso mosca, Zaira apeou a húngara Kristina Sikesdi (8-6) primeiro e á danesa Sandra Christensen despois (11-9), pero tivo que pregarse ante a forza da francesa Yasmina Aziez (7-19) en semifinais. Aziez sería medalla de ouro ao vencer nos últimos segundos dun pelexa intensa á suíza Manuel Bezzola.

No medio, Lorenzo varreu en primeira rolda á serbia Zorica Sejic (21-5) e en cuartos á portuguesa Ana Patricia Almeida (38-7), pero en semifinais cedeu a praza na final á rusa Anastasia Baryshnikova (4-16), posteriormente campioa no punto de ouro coa holandesa Reshmie Ooginka, prata.

Mentres, a ribeirense Lara Ouviña fixo un papel digno. Machucou a portuguesa Ines Isabel Velez (15-3) en primeira rolda e rematou a súa participación cun adverso 6-13 fronte á transalpina Margherita Zocco.