Cabecera Vide

O alcalde e o presidente de VIDE, presentaron o Torneo Concello de Vigo de padel

padelO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron o evento acompañados polo presidente da Nova Entidade Deportiva, Antonio Amaro, así como o director técnico de Máis que Auga, Francisco Cortegoso.

Caballero asegurou que esta modalidade, que comezou en sociedades recreativas da cidade nos anos 90 de forma tímida, "está en auxe" e de feito a apertura de novas instalacións confírmao. "O pádel empeza a ocupar cada vez máis espazo no deporte, con tanta xente que xa o ten como elemento central da súa acción deportiva", explicou. Por iso cre que "é preciso seguir construíndo instalacións, porque a demanda vai seguir crecendo".

O torneo conta con dez categorías (catro masculinas, tres femininas e outras tantas mixtas), mesmo número que dous anos atrás pero dando entrada aos federados, que coparán a que era primeira categoría; os non federados xogarán en 2ª, 3ª e 4ª en homes e 2ª e 3ª nos cadros feminino e mixto.

O trofeo disputarase cun respaldo privado inusual: ata dezaséis empresas aportan o seu grao de area, e co apoio do propio Concello de Vigo. Amaro celebrou que volva este torneo "nas mellores pistas de Vigo" e Cortegoso sostivo que "o pádel é moi social, o que encaixa na filosofía dos centros deportivos municipais de auga, onde queremos ser máis que unha instalación deportiva", sostivo Cortegoso.

O custo de inscrición ao evento será de 30 euros por parella (15€ por persoa), idéntico ao do resto de campionatos que estiveron a disputarse durante todo o verán por Vigo e na provincia, cun mínimo de dous partidos a disputar ao haber cadro polo título e tamén de consolación.  Pode realizarsena web de MQA ou directamente nos centros de Barreiro e Florida. A falta detres días para a pechadura do prazo -conclúe o día 10-, a organización detecta un crecemento exponencial por disputar esta competición nun escenario con dúas pistas de muro cubertas, catro de cristal semicubiertas e catro de muro ao aire libre. O Concello de Vigo traballa para que as de cristal estean totalmente cubertas.