O pasada fin de semana o Celta Selmark clasificouse como segundo do seu grupo, para a fase final da Copa Galicia de baloncesto, tras caer derrotado en Lugo ante o Durán Maquinaria Ensino (61-51). As de Carlos Colinas enfrontaranse con toda probabilidade nas semifinais do torneo ao Universitario de Ferrol, que exercerá de anfitrión os próximos 10 e 11 de outubro.