Cabecera Vide

Os xogadores do Amfiv, médicamente listos para iniciar este sábado a nova tempada

amfiv_medicoO americano Savoy Brown e o ferrolano José Manuel Teijido foron os últimos en pasar polas instalacións do Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima para cumprir cun trámite habitual dende fai xa varias campañas no conxunto vigués, as revisións médicas. Dende fai xa varias semanas, os xogadores do Amfiv foron pasando por o centro hospitalario vigués para someterse a un completo e exhaustivo exame para coñecer o seu estado de forma e saber se todos eles están aptos ou non para unha práctica deportiva tan esixente como o baloncesto en cadeira de rodas.

Como non podía ser doutra forma, todos os pupilos de César Iglesias superaron doadamente o recoñecemento e, salvo o portugués Filipe Carneiro que aínda segue tratándose precisamente no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima dos seus problemas no ombro esquerdo, estarán a disposición do técnico do Amfiv para o comezo de liga este sábado en Almería fronte ao Cludemi.