penascoO Peñasco retoma a súa actividade tras uns anos de parón por motivos económicos. O concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, acompañou no día de onte ao club na súa posta de longo ante os medios. O Club de Fútbol Peñasco naceu o 14 de abril de 1931, sendo un referente do fútbol vigués, e cesou a súa actividade en competicións en 1992.

Co seu presidente á cabeza, Alejandro Rodríguez Beltrán, ponse outra vez en marcha co obxectivo a curto prazo de consolidar o equipo xuvenil, co que comezan a competir e posteriormente ampliar ao resto de categorías.