Cabecera Vide

O Xacobeo Galicia de ciclismo compaxina adestramentos e pazo da auga na súa concentración en Mondariz

xacobeociclismoO Xacobeo Galicia de Ciclismo compaxina adestramentos e Pazo da Auga na súa concentración na vila termal de Mondariz. Os rapaces de Álvaro Pino, que o xoves sairán para Arxentina, aproveitaron este martes, que amenceu con fortes chuvias, para relaxar os seus músculos na piscina activa do Balneario de Mondariz onde deportistas e técnicos gozaron dunha sesión personalizada antes de coller as bicicletas e realizar o percorrido marcado para a xornada.