A Vig-Bay, que se acaba de incorporar ao Circuíto de Carreiras Populares, xa abriu hai uns días a inscrición para a undécima edición. A día de hoxe xa son 269 os inscritos para a proba, que se disputará o vindeiro 11 de abril con saída no Verbum de Samil e final en Baiona.
A entrada da Vig-Bay nesta liga de carreiras populares celébrase dobremente, porque este ano cúmprese unha década desde que Eduardo Vieira (Vieirasa) aceptase o patrocinio da idea. Para inscribirse, só tes que entrar na páxina web oficial da proba en internet (www.vig-bay.com) ou nas oficinas do Club de Corredores, na rúa Orillamar 27-1º, 36202 Vigo.
Lembra que na sección “Preguntas frecuentes” da web da Vig-Bay dispós de información detallada acerca dos pasos a seguir para formalizar a túa inscrición. De todos os xeitos, a organización di que os participantes que non atopen resposta a algunha dúbida en devandito apartado, envíen un e-mail a
PALMARÉS VIG-BAY
Ano / Edición |
Gañador |
Gañadora |
2000 / I |
Diego García |
Alzira Lario |
2001 / II |
Alejandro Gómez |
Soledad Castro |
2002 / III |
Elhoussine Essemeaill |
Fátima Cabral |
2003 / IV |
Godfrey Muriuki |
Irene Kwambai |
2004 / V |
Sammy Tum |
Caroline Cheptonui |
2005 / VI |
Pablo Korir |
Natalia Raña |
2006 / VII |
Abraham Chelanga |
Salome Semotwo |
2007 / VIII |
Elijah Kitur |
Anne Jepkembun Kusger |
2008 / IX |
Yossf El Kalai |
Fátima Cabral |
2009 / X |
Elías Domínguez |
Deirdre McDermot |