IMG 9992A Vigo Cup xa está en marcha. O torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) e fútbol sala ten aberta a súa inscrición. Organizado pola Fundación VIDE por encargo do Concello de Vigo, vaise celebrar nos mellores campos e instalacións deportivas municipais da cidade do 24 ao 30 de xuño (terceira edición do torneo de fútbol sala) e do 1 ao 7 de xullo (decimonovena edición do campionato de fútbol e fútbol 7).

O torneo en fútbol sala está aberto para seis divisións, sub-6, sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16 (dende os nados despois do 1 de xaneiro de 2003), pero tamén haberá tres categorías máis, específicas femininas (sub-14, sub-16 e sénior).

O de fútbol 7 está reservado para nados dende o 1 de xaneiro de 2007 nas categorías sub-6, sub-7, sub-8, sub-10 e sub-12, todas competicións mixtas, e para categoría feminina, esta sen límite de idade.
O de fútbol, para sub-14 mixto (nacidos e nacidas despois do 1 de xaneiro de 2005) e sub-16 masculino (nacidos despois do 1 de xaneiro de 2003).

Lembrando o palmarés do ano pasado, Casa Paco (sub-6), Pecheches (sub-8), Vigosporting (sub-10), Campito A (sub-12), Campito A (sub-14), Talleres ABC (sub-14 feminina) e Red Blue Vigo 2015 (sub-16) conquistaron o troneo en fútbol sala. Santa Mariña (sub-7), Club Deportivo La Guía (sub-8), Celta (sub-10), Galicia F7 (sub-12) e Baipesca (féminas) foron os campións do internacional de fútbol 7 e Val Miñor Luvenfor (sub-14) e Colegio Hogar (sub-16), os do torneo de fútbol.

Nacido co século (2001), o evento é a meirande manifestación deportiva na cidade no que se refire ao deporte de formación, ao competir uns 4.000 participantes en cada edición dende a incorporación do fútbol sala.

Información xeral da Vigo Cup 2019 de fútbol sala

Inscrición de equipos na Vigo Cup 2019 de fútbol sala

Inscrición equipos na Vigo Cup 2019 de fútbol base

Información xeral da Vigo Cup 2019 de fútbol base