Rifa Vide 2021Despois da paréntese obrigada pola pandemia, volve o tradicional sorteo dunha viaxe coa que as entidades deportivas do programa Siareiros poidan acadar ingresos atípicos.

No mes de febreiro de 2020 foi a última campaña, que agora xa arrincou para chegar ao 12 de marzo de 2022, cando se coñecerá o gañador ou gañadora da viaxe. Será no descanso do encontro de baloncesto en cadeira de rodas Iberconsa Amfiv-Amivel Reyes Gutiérrez, no Pavillón Municipal Pablo Beiro de Bouzas.

Deste xeito, a Fundación VIDE e Viaxes Zonda ofrecen un atractivo produto aos clubs para a venda de boletos, que lles vai permitir recadar un total de 45.000 euros pola viaxe, que decidirá a axencia entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía ou País Vasco.

Manel Fernández, concelleiro de Deportes e, por delegación do alcalde, xestor da Fundación Vigo en Deporte como o seu vicepresidente, agradeceu de xeito público o esforzo de Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda. "Non son tempos doados e Viaxes Zonda é unha das empresas máis envorcadas co deporte vigués", sinalou o concelleiro.

O político lembrou que hai meses inxectáronse 20.000 euros nos clubs de formación adscritos a VIDE, que agora chegarán cartos para o deporte individual (outros 20.000 euros) e que a suma das accións supón 85.000 € directos "grazas ás empresas e a o Concello".

Dende o primeiro sorteo patrocinado por Zonda os clubs recibiron coa venda de boletos máis de 200.000 euros.
A viaxe, para dúas persoas, inclúe traslado en autopullman dende Vigo e pensión completa en hotel de tres o cuatro estrelas.

Bases do sorteo de Viaxes Zonda e VIDE 2022