Cabecera Vide

A loitadora Sara Viéitez, do San Ignacio, medalla de ouro en Madrid

san ignacio abril 2015A viguesa, Sara Viéitez, do Club de Loita San Ignacio, colgouse a medalla de ouro na Copa de España de Luchas Olímpicas e Grappling na categoría de 48 quilos, celebrada en Madrid a pasada fin de semana.

Tamén esta fin de semana tivo lugar en Ourense a primeira xornada de liga base galega de loita olímpica, participando catro equipos de Vigo na competición, kuzushi, Castro, San Ignacio e Cidade de Vigo, pasando á final os clubs Ciudad De Vigo e San Ignacio, que se medirán aos tres primeiros da xornada norte.

No mes de maio realizásese a final a 6 equipos, todos contra todos. É un formato de 6 a 12 anos, tanto para loitadoras como loitadores.