Cabecera Vide

O Mosteiro volve repetir subcampionato

A última xornada do Grupo 1 de la Segunda División B concluíu coa vitoria do Mosteiro Bembrive ante o Cuellar-Cojalba segoviano por 2-4. O triunfo dos vigueses, nun apertado final de Liga, non foi suficiente para auparles ao liderado xa que o seu rival directo e líder, o Cidade de Narón, saldaba con vitoria o seu enfrontamento na casa ante O Esteo.

En resumo, será o Cidade de Narón que dispute o playoff de ascenso, mentres que o Bembrive, nunha fantástica tempada, obtén un meritorio segundo posto e a clasificación automática para disputar a próxima edición da Copa do Rei.

En canto ao partido, os vigueses saíron a polo triunfo dende o inicio, sabedores da empresa era moi complicada, posto que o Cidade de Narón era moi favorito no seu do fronte ao Esteo. Como sempre moi boa entrada no municipal do Cuellar, que viu como os visitantes se adiantaban no marcador tras un golazo pola escuadra de Jacobo.

Non se relaxou o conxunto vigués que continuou asediando a meta local. Nené de volea tras un corner colocaba o 0-2 no electrónico, resultado co que se iría ao descanso.

Tras a reanudación, o Cuellar apertou en busca do gol, tratando en todo momento de deixar unha boa imaxe ante a súa afección no último partido de Liga. Así lograron reducir a vantaxe do Bembrive con senllos goles de contragolpe que empataban o partido a dous tantos.

Os árbitros, a actuación da cal foi bastante protestada por ambos os dous equipos, deixaron aos de Pitu cun xogador menos por expulsión de Berni cara á metade da segunda parte; pero unha grande defensa do Mosteiro e un veloz contragolpe sorprenderon aos locais que vían como Jacobo de novo, co Bembrive en inferioridade, adiantábase no marcador 2-3.

Ao final, co Cuellar atacando á desesperada co porteiro xogador, o meta vigués Fiou, dende o seu propio campo, poñía o definitivo 2-4 no marcador.

Grande tempada do Mosteiro Bembrive que cada ano se achega máis ao ascenso de categoría.