Cabecera Vide

O Mosteiro xoga o seu pase a cuartos da Copa do Rei o próximo martes

Xa se van coñecendo máis datos relativos á data e lugar no que se disputará o partido de oitavos da Copa do Rei entre o Mosteiro Bembrive e o Catgas Santa Coloma de Primeira División. O encontro terá lugar o próximo martes 13, ás 21:00 h, no pavillón de Bembrive.

Esta eliminatoria xoga partido único, polo que o Mosteiro ten no factor cancha, e no longo desprazamento do club catalán, as súas mellores bazas. Os vigueses, aínda que xa coñecen ben o que é eliminar conxuntos de primeiro nivel, son conscientes de que pasar a cuartos ante o histórico Santa Coloma require dunha esixencia física e mental altísima.

A presente tempada chegou cargada de importante citas para o Mosteiro. Combinar a Copa do Rei, a Copa Xunta e a Liga supón un esforzo extra para os seus xogadores. Por momentos o cansazo apodérase dun equipo curto de efectivos, aínda así isto non parece influír nos resultados. Proba diso a última xornada de Liga na que os de Pitu golearon ao Xove F.S. por 5-1.

A pesar do marcador foi un encontro complicado para os vigueses. A primeira metade desenvolveuse de ti a ti. O Mosteiro tardou en entrar no partido e era incapaz de romper esa igualdade. Non obstante, Nené aproveitou un fallo en defensa do Xove para adiantar os locais antes do descanso.

Coa reanudación do xogo aumentou a intensidade aínda que volveu reinar a igualdade. Pero os mariñanos, que mesmo dispuxeron de dous dobres penaltis, estiveron pouco acertados de cara a portería. Ao contrario que o Mosteiro, que anotou catro tantos por medio de Mario García, Morgade e Chelito, e soubo tomar vantaxe das tres expulsións sufridas polos visitantes.

Tras tres xornadas disputadas o Mosteiro xa é colíder do Grupo 1 de 2 ºB por detrás do Noia, ambos os dous empatados a 7 puntos.