Cabecera Vide

Caballero e Fernández clausuran a escola de ximnasia rítmica do Maniotas, que terá máis horas de adestramento

alcalde manel maniotasO alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, clausurou onte as escolas deportivas 2015/16 de ximnasia rítmica do Maniotas, entidade que celebra agora o seu trixésimo aniversario e que conta con 200 nenas neste programa de formación.

O rexedor anunciou á presidenta da entidade, Paula García, que o Concello apoiará o crecemento do club cedéndolle "máis horas para adestramentos" como o Maniotas solicitou. A ximnasia rítmica é unha das modalidades con máis puxanza dentro das escolas deportivas.

Na Pista Vermella do complexo de As Travesas o alcalde afirmou que é o "tempo do deporte feminino" e destacou a calidade do equipo humano do Maniotas.

maniotasNun polideportivo abarrotado de nais, pais e familiares das ximnastas, dende o graderío comezaron a soar as palmas cando Caballero se enfundou a camiseta do club que a presidenta e varias monitoras lle regalaron.

Tras o discurso, as ximnastas, de forma individual ou por grupos, mostraron o traballo de todo o ano coas súas fantásticas coreografías e exercicios con fitas, aros, mazas...