Cabecera Vide

O Vigo Stick xa coñece os rivais para tentar o ascenso á 1ª División masculina

quiqueurdialesO Vigo Stick xa coñece o calendario de partidos que ten ante si para recuperar a súa participación na categoría de prata do hóckey a patíns estatal masculino.

Este pasado venres, na reunión da asemblea da Federación Galega de Patinaxe coñeceuse a orde de partidos e que a Liga Galega (Senior Autonómica) estará formada por doce equipos en lugar dos quince da tempada anterior.

Do campionato caéronse o Noia H.C., o H.C. Cambre, o María Pita e o segundo equipo do Borbolla. entrou o Cerceda, que ten equipo na 1ª División. As baixas obrigaron a expor unha liga regular única (o ano pasado había dúas fases) na que os rivais do Vigo Stick Traviesas serán todos da Coruña salvo o Ordes e os santiagueses Compostela e Raxoi. Os dous primeiros irán á fase de ascenso.

O Vigo Stick, que manterá a Leonardo Tomba, tamén novo técnico do VSK Traviesas feminino, debutará no pavillón de Bouzas fronte ao Cerceda o día 9. A intención da directiva que preside Quique Urdiales é facer coincidir sempre que se poida os partidos femininos e os masculinos, buscando o maior ambiente de hóckey posible.