Cabecera Vide

O Vigo Stick tropeza en Vendrell pola baixa de Gomes

Mala sorte a que tivo o Toshiba Vigo Stick na súa visita ao Vendrell. Os vigueses con poucos recambios no banco aguantaron o tirón ata que o cansazo causou efecto nos xogadores. A lesión do dianteiro Andre Gomez na primeira parte foi a causante. O angolano sufriu unha microrrotura fibrilar. Finalmente perderon por 5-3.

Xornada 19
Sábado, 6 de marzo de 2010.
C.E.VENDRELL 5
TOSHIBA VIGO STICK 3