Cabecera Vide

O Toshiba Vigo Stick, que loita pola permanencia, xoga mañá en Bouzas diante do “europeo” Mataró

375toshibaO Toshiba Vigo Stick xoga mañá martes un partido adiantado da xornada 22 da Liga de Primeira División de hockey sobre patíns. Os vigueses, que aínda non están matematicamente descendidos e seguen a loitar pola permanencia, reciben ao Mataró, equipo que a pesar de estar esta tempada na categoría de prata disputa a Liga Europea ao gañar o ano pasado a Copa CERS.

Como a competición continental xógase en fin de semana (os mataroneses enfróntanse o 27 ao Vic), o cadro que adestra Quique Urdiales tivo que adiantar o choque a mañá no pavillón de Bouzas (21.00 horas).

Na primeira volta, o conxunto vigués non se desprazou a Cataluña por un erro burocrático (supúñase que o Mataró tamén tiña xornada europea ese fin de semana) e o fallo federativo está agora recorrido no CEDD porque a RFEP sancionou con perda de puntos ao club galego.