Cabecera Vide

Bronce para o UB Lavadores no Nacional Xuvenil

lavadores_valenciaO equipo xuvenil feminino do Unión Balonmán Lavadores, conquistou a medalla de bronce no Campionato de España celebrado o pasado domingo en Valencia. O equipo vigués conseguiu o seu bronce tras caer na semifinal ante o anfitrión Maritim, e vencer ao Málaga Alhaurín El Grande por 37-34, no partido polo terceiro e cuarto posto.

O equipo, que dirixe Javier "Chiki" Castro, intégrao: Antía Espiñeira, máxima goleadora, Noa Martín, Sofía Otero, Uxía Alonso, Natalia Cuadrado, Uxía Iglesias, Sandra López, Alba Rosa, Patricia Vila, Nerea Lima, Inés López e Ana Cortés.

O Lavadores está levando a cabo unha excelente campaña en todas as categorías.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e ou traballo realizado a favor do deporte local.