Cabecera Vide

O Vigo Rugby recibe ao líder

Esta fin de semana o Ednon Universidade Vigo Rugby disputará un duro encontro co líder absoluto da categoría, o Hernani CRE.  O encontro xogará no campo Lagoas Marcosende do CUVI este domingo 7 de marzo no horario habitual das 11.30 h. Hernani é un equipo que este ano se reforzou moi ben e só perdeu un partido no que vai de liga.

No partido de ida o Ednon Universidade perdeu por apenas 12 puntos nun encontro que foi moi físico. Para este partido espera un xogo de moita fricción entre ambas as dúas dianteiras e o segredo estará en qué equipo poida aproveitar mellor o seu xogo de tres cuartos. Os últimos partidos de liga preséntanse cruciais para o Ednon Universidade nos que gañando un solo dos 3 restantes permanecerá na categoría.

Partidos e actividades:

-División de Honra B Española: Domingo 7 de marzo ás 11.30 h.: Ednon Universidade Vigo R.C. - Hernani CRE - Campo de Lagoas Marcosende (CUVI).
-Liga Primeira Rexional Galega: Sábado 6 de marzo ás 17.00 h.: Universidade Vigo R.C. "B" - Ferrol RC - Campo de Lagoas Marcosende (CUVI).
-Liga Galega Xuvenil: Domingo 7 de marzo ás 12.00 h.: CR Ferrol - Universidade Vigo R.C.
Campo de A Malata de Ferrol.
-Escola de Rugby Infantil: Sábados ás 11.00 h no campo do CUVI. Se hai chuvia farase no Pavillón Universitario.