Cabecera Vide

Segundo subcampionato galego de fútbol sala para o Vigo 2015

vigo2010mayo2010Se primeiro foi o equipo infantil, esta fin de semana foi o equipo alevín o que conseguiu o subcampionato galego de fútbol sala celebrado en O Carballiño.

 Despois de vencer na semifinal ao equipo local do Vila Arenteiro no último segundo nunha xogada ensaiada por 3-4, na final sucumbiu ante o conxunto do Narón que anteriormente eliminara na outra semifinal ao Azkar Lugo.

Este fin de semana o infantil A do E.D.VIGO2015 xogará en O Barco de Valdeorras a final da Copa Autonómica onde estarán o Azkar Lugo, Cidade de Narón e o Barval, case os mesmos equipos da fase final de Campionato Galego alevín.

O domingo o infantil B xogará o Campionato galego de ligas locais en Santiago de Compostela.