Cabecera Vide

Últimas prazas do Campus de Fútbol Sala do Vigo 2015

En próximos días pecharase o prazo de inscripcion para o III Campus de Fútbol Sala e Fútbol 7 que celebraremos do 26 ao 30 de xullo nas instalacións Deportivas da Universidade de Vigo CUVI.

O III Campus de fútbol sala e fútbol 7 levarase a cabo do 26 ao 30 de xullo nas instalacións deportivas da Universidade de Vigo CUVI, organizado polas Escolas Deportivas VIGO2015. O Campus é da modalidade de media pensión, con comida e merenda incluída, o horario é de 10:30 da mañá a 18 horas da tarde. A sesión matinal destínase ao fútbol sete e a de tarde ao fútbol sala.A cada participante entregaráselle un pack de material deportivo da sinatura DIADORA. O seu coordinador será o adestrador brasileiro Adilsson Augusto, ex xogador de Pozo Murcia e Azkar Lugo.

Prezo para antigos alumnos e xogadores do E.D.VIGO2015... 125.-€
Prezo para publico en general....150.-€

O prezo inclúe, a comida, a merenda, o pack de material e unha bolsa con regalos ao finalizar o campus.

As inscricións poden facerse através dos telefonos 886138535-627009999 ou na tenda DOBRE F SPORT.