Cabecera Vide

E.D. Vigo2015 segue de líder

O E.D. Vigo 2015 segue lider da clasificacion despues da súa vitoria a domicilio ante o C.P.Casas de Lugo por 4-8 nun duro partido ante un rival que practica un bo fútbol Sala. Os vigueses ao descanso chegaron cunha diferenza ao seu favor de 3-5.

Polo E.D. Vigo2015 xogaron: Alberto, Samuel (3), Xian (1), Jandro (1) e Nacho (1)- cinco inicial- Kike, Marco (1) e Adrián (1). O Azkar Lugo vai 2º clasificado a 3 puntos dos vigueses e esta semana venceu a domicilio por 1-5 ao Narón. A próxima semana non haberá competición xa que hai entranamiento da Selección Galega de Fútbol Sala.

Convocados varios xogadores do E.D. Vigo2015 para a selección Galega de fútbol sala

O E.D. Vigo 2015 con 4 xogadores é o que maior numero achega á selección galega de infantiles, os convocados son o porteiro Alberto, o pivot Samuel, ala-pivot Marco e o peche Nacho. O seleccionador galego Iván García viu xa en varias ocasións os xogadores vigueses tanto en partidos oficiais coma noutras convocatorias realizadas. Os xogadores permanecerán concentrados durante 3 dias en Sada (A Coruña) de cara ao Campionato de España que este ano se disputará na localidade malagueña de Torrox.