Cabecera Vide

Xisela Aranda xoga mañá polo noveno posto do Europeo individual absoluto de squash

xis2Xisela Aranda, tricampioa de España de squash, xogará mañá sábado a final de consolación no Campionato de Europa absoluto individual, que dende o mércores dispútase no complexo deportivo Talihalli de Helsinki (Finlandia).

Vinte e unha xogadoras de dez países competiron polo título continental e a número 1 do ranking español demostrou que está en bo momento ao imporse á rusa Irina Belyeva por 3-0 (11-4, 11-3 e 11-2) na fase clasificatoria.

Onte, Lucie Fialova, número 38 do mundo e cuarta favorita por ranking, acabou coas súas ilusións en oitavos de final.

A checa venceu á viguesa 3-2 no pasado Europeo de seleccións, este mesmo mes, e nesta oportunidade necesitou un máximo de tres sets para imporse 11-7, 11-3 e 11-6.

Esa derrota levouna ao cadro de consolación polos postos 9 ao 16 e hoxe tivo dobre xornada. Primeiro pasou á austriaca Birgit Coufal por 3-0 (5-11, 11-7, 11-4, 8-11 e 11-4). Coufal, vencedora do Internacional de Santiago, debe soñar xa coa viguesa, porque no Europeo de seleccións en Alemaña, semanas atrás, tamén perdeu contra a galega por 3-2. Despois, xa polo serán, Aranda bateu á holandesa Melissa Meulenbelt (3-0), con parciais de 11-9, 11-6 e 11-4.

Agora xogarase contra a checa Olga Ertlova, 47 do mundo e a priori quinta favorita do torneo, a novena posición final. Xisela, do Vigo Squash, disputa mañá ás 14:00 (hora española) a súa "final de consolación".

Na imaxe, Xisela fai o signo do "tri"