Cabecera Vide

Bo comezo do Club Vigo Voleibol

CLUB VIGO 3 TALASUR CARTAGENA 0
Parciais; 25-11( 22m.) 25-17 (25m.) 25-13 (20m.)
CLUB VIGO: Sánchez: Branco; Benassi; Guidolin; Díaz e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Zayas: Tey: Galego e Justiniano.
GARTAGENA: Fernández; Cruz; Baños; Bacci; Ferreira e Pérez. Libre Perez. Tamén xogaron; López: Gutierrez e Tomás.
Ábritros: Srtas. Álvarez e Martín, de Asturias. Ben
Pavillón de Coia: 200 espectadores.

Comezo de tempada para un VIGO que quere, o demostrou esta tarde, e debe, estar cos primeiros desta competición. Moi sobrados os vigueses ou pola contra mais frouxos os visitantes que en ningún momento inquietaron aos locais. O técnico vigués rotou a todos os xogadores do equipo e finalizou o terceiro set cun sexteto na cancha cunha media de idade de 22 anos o que dá unha idea de que o proxecto de futuro está asegurado, non así pódese dicir do presuposto que aínda esta sen pechar. Satisfeitos os afeccionados que estiveron en Coia e ao mesmo tempo esperanzados despois de ver as evolucións do seu equipo neste primeiro encontro da tempada 09-10.

O primeiro set comezou cuns puntos de igualdade que rompeu de xeito inmediato a partir do empate a tres puntos. Dende ese momento os vigueses, que estiveron moi ben en defensa, superáronse a se mesmos e aos rivais poñendo distancia a medias para chegar ao segundo tempo técnico con sete puntos de diferenza 16-9. A partir de aí mais doado para chegar a un claro 25-11.

O segundo set xa comezou mais apertado e aos locais custáballes mais despegarse dos seus rivais. Posiblemente a grande diferenza do primeiro set puido relaxar os vigueses, que cando quixeron apertar o fixeron. Case igualdade ata o 12-8 local pero novamente varias defensas e bloqueos locais fixeron que se fosen tamén con certa claridade ata o 25-17 final.

No terceiro set o sexteto local non se pareceu en nada aos anteriores. Se ben os cambios nos primeiros sets foron a contagotas neste fíxose mais claro e os máis novos tampouco deron tregua aos visitantes. Igualdade ata legar ao primeiro tempo técnico cun punto de diferenza para os locais 8-7. Ese tempo serviu para que Calafell ordenase un pouco o bloqueo e as diferenzas aumentaron para chegar ao segundo tempo técnico con cinco puntos 16-11 e finalizar o set con mais claridade con doce puntos 25-13.

Encontro, en definitiva, tranquilo para os locais que lles permite facerse cos tres primeiros puntos da competición e que empezará a dalos o ritmo que non teñen e que recuperarán a próxima semana onde recibirán, novamente en Coia, ao Probisa Pizarra de Málaga, un dos serios aspirantes a estar entre os catro primeiros ao final desta primeira fase.