Cabecera Vide

Grande vitoria do Club Vigo

Encontro mais emocionante que bonito entre o Club Vigo e o C.V. Sansa (3-1), ambos os dous equipos querían demostrar a súa madureza no campo e isto levoulles a cometer demasiados erros, sobre todo aos vigueses, que souberon endereitar o rumbo unha vez que lles chegou a tranquilidade.

O primeiro set comezou moi favorable para os vigueses xa que con moita facilidade se puxeron por diante por catro puntos, 7-3. Iso fixo que o técnico visitante, case da casa, Flavio Calafell pedise o seu primeiro tempo morto que arranxo o desaguisado que había entre os seus xogadores. Chegaron a empatar o set a 7 puntos. A partir dese momento puxéronse por diante de ata 3 puntos. Esa diferenza levárona ata o final do set 21-24 e con tres balóns de set non foron capaces contra os mozos vigueses.

O segundo set foi un calco do anterior. Catro puntos de diferenza, empate a 7 puntos e na recta final do set os visitantes por diante tres puntos 19-22 que non souberon aproveitar e novamente os vigueses conseguiron o set.

Daba a sensación que os locais xa cumpriran o seu labor con facer dous sets e neste terceiro, que podía ser o definitivo, se relaxaron demasiado e os visitantes cun xogo mais seguro e serio fóronse de ata doce puntos, 6-18. Os cambios do técnico vigués arranxaron un pouco o marcador e sobre todo deron moita tranquilidade aos xogadores mais habituais.

O cuarto e definitivo set volveu comezar con vantaxe local, pero nesta ocasión, xa mais ampla que nos sets anteriores 9-3. Isto deu ás aos vigueses que xogaron o mellor voleibol do partido tanto en ataque coma en defensa, sobre todo en bloqueo. Todo iso fixo que os visitantes se entregasen ante o mellor equipo nesta ocasión que xogaba en Coia.

Satisfacción dos afeccionados que puideron ver o seu equipo por última vez en Vigo xa que agora finalizarán a tempada o próximo sábado en Palencia, ante CyL, nun encontro ao que irán gañar ante un conxunto que se está a preparar para a disputa do Campionato de Europa Junior, e que este final de liga lles serve de preparación. Esperemos que se traian unha vitoria para poñer unha rúbrica final a unha tempada exitosa.

CLUB VIGO C3 C.V. SANSA 1
Parciais: 27-25 (29m.) 27-25 (30m.) 16-25 (214m.) 25-18 (24m.)
VIGO; Oscar Sánchez; Nathan; Penedo; Galego; Ortega e Alonso. Libre Táboas. Tamén xogaron: Isaac Sánchez; Pérez; Cerviño; Linares e Sienes.
SANSA; Branco; García; Fernández; Tovar; Nuñez e Victor. Libre Piñón. Tamén xogou, Becerro.