Colaboradores
- 1
- 2
A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O complexo deportivo municipal da ETEA, formado por dous polideportivos e un campo de fútbol mellora as súas instalacións. O Concello mercou e instalou un practicable de ximnasia acrobática cun importe de 51.425 euros.
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá que o Concello distribuirá case dous millóns de euros entre o tecido deportivo da cidade. Logo de reformular as bases de concorrencia para que a falta de actividade imposta pola crise sanitaria non supuxera un obstáculo legal, o goberno local poderá manter os seus compromisos co deporte vigués.
- Detalles
As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte abriu hoxe a súa sétima convocatoria consecutiva para deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos en idade sub-23 polos seus resultados da tempada anterior. O vicepresidente de VIDE, o concelleiro de Deportes Manel Fernández, anunciou o inicio da recepción de solicitudes para estas bolsas anuais, cuxo prazo remata o vindeiro xoves 3 de decembro.
- Detalles
Do mesmo xeito que o Concello de Vigo, a Fundación Vigo en Deporte continuará en 2021 co seu apoio ao deporte local. Así o anunciou o alcalde da cidade, Abel Caballero, no Pavillón Central das Travesas, nun acto con aforo limitado, distancia interpersoal e rodeado de elementos específicos de varios deportes (balóns de baloncesto, fútbol ou fútbol sala, mazas, unha bicicleta, patíns...) que representaban a boa parte das modalidades deportivas que promociona VIDE.